lunes, 13 de octubre de 2008

IV XORNADA Tarde de Sol e Xustiza

BEIRAVISTA 59 2 - C. LA TORTUGA 1

Sábado 11 de Outubro, 16:00 horas, Campo de A Poza.
__________________________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
19. Quitín
4. Popi
5. Manolo
15. Félix
6. Rubén Castro (c)
24. Diego
9. Dani Mato
10. Tosta
17. Álvaro
21. Rubén Patri

TROCOS

3. Pi [Entra por Félix, minuto 20]
23. Dani Gallego [Entra por Rubén Castro, minuto 46]
8. Churi [Entra por Álvaro, minuto 46]
16. Raúl [Entra por Rubén Patri, minuto 75]

GOLES

Min. 25 (1-0) Tosta
Min. 58 (1-1) Tortuga
Min. 88 (2-1) Dani Mato

TARXETAS

Min. 75 Quitín


CRÓNICA DO PARTIDO

A poza stadium (camposanto arteixán), 11 de outubro de 2008

Tarde nixeriana (parte IV) que auguraba un partido duro e de moito esforzo por parte, non só dos xogadores senon tamén dos nosos siareiros (os máis numerosos en tódolos encontros).

A primeira parte comezou co dominio local, con bo toque no medio do campo e seguridade na zaga, a pesar da temprana lesión do noso lateral esquerdo Félix (sustituído polo debutante Pi).

O gol non chegaría ata o minuto 25, tras un pase de 30 metros de Rubén P. buscando a diagonal de Tosta. Luís controlou, e tras regatear ó porteiro visitante acadou o tanto que facía xustiza.

As ocasións de gol sucedéronse pero, ou a mala sorte ou a falla de acerto impediron que os dianteiros acadaran unha vantaxe maior de cara ó descanso.

Nos segundos 45 minutos quedou plasmada a dificultade dos nosos para sentenciar o encontro e, por fin, ter un "día tranquilo". Volvemos a sufrir tralo gol do empate logrado de cabeza no saque dun córner (1-1 min. 58). Pero esta vez, o bo facer, a man e a cara de miki impediron a temida caidita de Roma.

A fortuna acompañounos ó conseguer Dani M. o gol do triunfo no minuto 88 (imaxes non recollidas pola redacción).


Segunda victoria da tempada (1ª como locais) que nos catapulta ó 9º posto da clasificaçao.

Gran debut de Dani M., acadando o gol do triunfo e deixando pinceladas da súa calidade e fortaleça física. Cabe salientar tamén ó noso gardameta Miki, heroe na segunda parte cunha incríbel parada que salvou ó equipo dunha máis que probábel derrota na casa.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Grande Debut

PUB INOX 1 - BEIRAVISTA 59 2

Sábado 20 de Setembro, 16:00 horas, Campo de A Barcala.
__________________________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
19. Quitín
4. Popi
5. Manolo
15. Félix
6. Rubén Castro (c)
20. Gaitas
23. Dani Gallego
10. Tosta
8. Churi
21. Rubén Patri

TROCOS

7. Roi [Entra por Gaitas, minuto 46]
17. Álvaro [Entra por Rubén Patri, minuto 46]
2. Xoán [Entra por Dani Gallego, minuto 46]
16. Raúl [Entra por Churi, minuto 65]

GOLES

Min. 34 (0-1) Tosta
Min. 58 (1-1) Inox [p]
Min. 74 (1-2) Roi [p]

TARXETAS

Min. 30 Félix
Min. 41 Manolo

CRÓNICA DO PARTIDO

Primeiro partido e victoria do Beiravista no seu bautismo na 2ª división da Agrupación de Peñas da Coruña, que nos enfrontaba ao Pub Inox no que sería o Derbi de Orillamar.
Nun principio as dúbidas sobre a compenetración dos xogadores no campo (xa que era o noso primeiro partido xuntos) quedaron a un lado tra-los primeiros minutos do encontro, xa que levados pola batuta de Gaitas (un dos mellores do partido) desplegouse un xogo de toque no medio do campo insólito a estas alturas do campeonato. O partido foi dominado no principio polos Branquilaranxas aínda que sen ocasións de gol claras e con momentos de dominio Inoxiano. O Inox presentou un once plagado de xente con experiencia coma o seu capitán e o número 10, ambos mediocampistas, que xunto co seu central apodado "Tanque" un tío con moita coña, formaban a columna vertebral do equipo vermellón. A verdade é que O Inox tratounos ben en todo momento e foi un bo partener no noso estreno na categoría, por eso unha aperta dende eiquí así como aplaudir o momento no que nun lance do xogo un dos seus dianteiros caeu ao chan cun forte golpe e o noso xogador-fisioterapeuta saíu a interesarse polo seu estado de saúde e a botarlle un poco de reflex (outros dirían -¡al enemigo.. Pisálo, Pisálo!) hehehe. Todo esto ata que o colexiado pitou un penalti aparentemente inxusto no noso área por empurrón de Popi ao dianteiro Inoxiano. Lanza o dianteiro e o balón que vai ao poste dereito da portería defendida por Miki. Os ánimos estoupan nunha ledicia imparable, o que leva ao primeiro gol do partido e da curta historia do Beiravista 59, xogada por banda esquerda de Churi en combinación con Rubén Patri, balón de banda que queda morto na frontal, que Tosta de expléndida volea, manda ao fondo do marco do Inox. 1 a 0 e celebración por tódo-lo alto do equipo e dos afeccionados que alí se deron cita (Xurxo e Patri).
A defensa estivo sempre atenta e contundente sen deixar respirar aos dianteiros rivais, tendo o Inox unha ocasión inmellorable para empata-lo partido, balón en longo da defensa vermellona cara o seu dianteiro (en fora de xogo) que Manolo curta en falta sendo o último defensa, e sorprendentemente o árbitro sinalou cartón amarelo cando debería expulsalo. O fútbol é así, unhas veces quítanche o que outras che agasaian. Pouco máis nesta primeira parte a excepción dun lanzamneto perigoso de Rubén Patri que atallou o porteiro, unha boa xogada de Dani Gallego pola banda que non viu porta e unha enorme xogada persoal de Churi deixando sentado ao central rival e pase da morte a Dani Gallego que non soubo definir. Así chegamos ao final dos primeiros 45 minutos. Momento no que o Míster comeza a move-lo banquillo...

Comeza a segunda parte e o control do partido segue a ser do Beiravista cun Roi que tomou o relevo de Gaitas para leva-lo mando do encontro, sempre co permiso do destructor Rubén Castro. O Inox abriuse, o que nos permitiu xogar con maior facilidade e abrir o xogo ás bandas cun expléndido Tosta que non deixou de crear perigo. Ata que chegou un segundo penalti a favor do Inox cometido por Rubén Castro. Pena máxima botada que esta vez si sube ao marcador ante a estirada de Miki, que non atallou por pouco. Empate inxusto e os nervios que fixeron presencia no equipo aínda que minutos despois tras unha xogada de pícaro de Xoán (ao máis puro estilo Figo) o árbitro sinala un novo penalti esta vez ao noso favor que transforma Roi no definitivo 1 a 2. O resto do encontro foi un contínuo de balóns á olla do Inox, ata que 5 minutos antes do final do partido, unha boa xogada de Tosta póla esquerda tras un fantástico pase entre liñas de Roi non é atinada por Raúl en primeira instancia facendo un pase da morte a Xoán que incomprensiblemente manda por riba da meta Vermellona.
Así rematou o partido, 3 puntos e optimismo cara o seguinte encontro contra "La Bodeguita" o próximo Sábado ás 16:00 horas no canpo de "A Poza".
En definitiva, boas impresións no primeiro partido a pesares das notables baixas, o calor incesante, a pouca rodaxe e a EXPERIENCIA do equipo rival.