Sábado 31 de Outubro, 16:00 h. Guiliade
__________________________________
ALINEACIÓN
13. Oscar
10. Marino
21. Rubén Cambre [min. 15]
22. Raúl [min. 55]
5. Manolo
4. Popi
15. Félix
12. Roi R.
24. Moki
17. Álvaro
25. Abel
7. Roi
9. Diego
GOLES
1-0 Pico Fino [min. 10]
1-1 Popi [min. 15]
1-2 Roi [min. 25]
1-3 Diego [min. 35]
2-3 Pico Fino [min. 40]
3-3 Pico Fino [min. 50]
3-4 Diego [min. 60]
3-5 Diego [min. 65]
3-6 Diego [min. 80]
TARXETAS
Diego [min. 75]
CRÓNICA DO PARTIDO
Marcador de fútbol sala. Cando Miki se foi de vacacións, o noso porteiro-entrenador estaba tan bébedo que non lembraría que ao día seguinte se tería que quedar. Colleu os guantes para levar o Óscar ao suspense nun penalty decisivo. O motor "Beiravista 20" volveu funcionar, pero despois o equipo avariouse. Diego e o pao acabaron espertando aos rapaces a tempo. 13 de 15 puntos; o Beira, de penúltimo a dous do ascenso. Proxectil miragre ou dopping clandestino? Laranxas atómicas!
Apenas chegara Xurxo de ir buscar as cervexas, cando o Pico xa puxera un balón ás costas dos centrais para anotar o primeiro tanto local. O Beira saiu ao campo coma quen xoga ao tute cos colegas sen apostar nin as cañas. E xa van dous días seguidos. Mais desta volta, ante un rival menos contundente que o Xesteda, o equipo reaccionou rápido e accionou o botón para encender o seu novo motor: o "Beiravista 20 minutos", capaz de crear mil ocasións xogando ao fútbol en pouco máis dun cuarto de hora e sen importar os once que haxa no céspede. Ben é certo que o primeiro chegou polo toque -e a vista- de Popi que axustou perfectamente unha falta lonxana a ras de chan ao pao do partido. Mais o Beira xa dominaba. Roi, cun tiro ben axustado e Diego, tras unha gran xogada persoal dende o medio campo, déronlle a volta ao encontro (1-3). Todo parecía no seu sitio. Pero se algo está claro nesta liga é que as diferencias non permiten relaxarse. E o voltaron a facer. O PicoFino recurtou antes do descanso. 2-3, e Óscar empezaba a abrir un ollo. Antes diso, a mala sorte ceibouse con Marino. Xa sabedes o simpática que é. Como o outro día o rapaz non xogou para non facer demasiados trocos, é dicir, en solidaridade co equipo, a mala sorte devolveulla lesionándoo nun nocello. Estamos a espera de coñecer o alcance da lesión, mais esperamos que non chegue se quera a esta fin de semana...
A segunda parte.
Que facedes cativos... 1, 2, 3 relax! 1, 2, 3 PicoFino! - Beiravista 3. Gol para o esquecemento defensivo. E volta a empezar. Menos mal que ao pouco Diego cazou outro pase para batir á segunda ao porteiro rival e poñer ao Beira en vantaxe. O equipo veuse de novo coa cousa a favor. Que fácil é que o Beiravista sálgase só dun partido! O equipo esqueceu o seu mellor xogo. Non tocou a pelota no medio e mandou demasiados balóns verticais para que Diego lles gañara por velocidade aos defensas. Tamén é certo que o PicoFino non era mellor pero se achegaba ás veces. Óscar espertou a tempo para desbaratar un par de boas ocasións rivais e reivindicarse coma o porteiro que dudo que se queira reivindicar, xa que nas súas palabras "pon moi nervioso". E chegou o momento decisivo do partido. Penalti claro, que non absurdo, de Félix. Óscar Vs Óscar. "A ver se paras este tamén!". O rapaz fai un gran tiro, mais o balón da no pao e o Beiravista, co seu dianteiro enchufado, esperta a tempo e sentencia o partido con outros dous goles.
Partidazo o sábado
Victoria lixeiramente xusta do Beira que leva unha racha de récord a piques de comezar o calendario infernal. O equipo sitúase 7º a dous do ascenso e a tres do líder virtual. Mais coidado. O Beiravista só se enfrentou polo momento a 1 equipo dos 10 primeiros (Transportes A Pena que é 8º; con derrota por 3-2 na xornada 1). Esta fin de semana, partido difícil dentro do difícil. Un candidato ao título da segunda, para min o principal. Está a un punto do líder cun partido menos. E xa se enfrontou a seis dos dez primeiros clasificados, entre eles ao primeiro e ao segundo. Beiravista - Olas.
Chegou a hora da verdade.