domingo, 25 de abril de 2010

Xornada XXXI. Soneira Beiravista 3 - IRC Dep. 3

ÁRBITRO MISERABLE
Sábado 24 de abril, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
19. Nando
14. Diego Mato
5. Manolo
15. Félix
18. Sergei [min. 46]
12. Roi R.
7. Roi A.
17. Álvaro
23. Dani
20. Gaitas
9. Diego
21. R. Cambre [min. 65]

GOLES

1-0 Dani [min. 15]
1-1 IRC [min. 25]
2-1 Diego [min. 30]
2-2 IRC [min. 35]
3-2 Álvaro [min. 80]
3-2 IRC [min. 90]

TARXETAS

Miki [Amarela]
Nando [Amarela]
Dani [Amarela]
Sergei [Amarela]
Rubén Cambre [Amarela]
Roi [Amarela]
Roi A. [Dobre Amarela]
Dani [Vermella]

CRÓNICA

sábado, 17 de abril de 2010

Xornada XXX. Nel 1 - Soneira Beiravista 4

MISIÓN CUMPRIDA
Sábado 17 de abril, 16:00 h. Campo de Uxes.
__________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
19. Nando
14. Diego Mato
4. Popi
18. Sergei [min. 46]
15. Félix
3.
Fredo [min. 46]
6. R. Castro
7. Roi A.
21. R. Cambre
17. Álvaro [min. 46]
24. Moki
25. Ta [min. 10]
9. Diego
11. Pablo

GOLES

0-1 Pablo [min. 15]
0-2 Pablo [min. 35]
0-3 Diego [min. 60]
0-4 Diego [min. 65]
1-4 Nel [min. 80]

TARXETAS

-

CRÓNICA

Resolto. O Beira cumple notablemente ante o colista e se anota merecidamente 3 puntos para seguir na loita polo ascenso. Un doblete do novo dianteiro, Pablo, abriron a lata e outro doblete do vello, Diego, fechouna. Notouse a volta de medio equipo que andaba desaparecido. E as baixas de Manolo e Roi non se fixeron notar. Os 16 do Beira mantiveron o nível e foron superiores. IRC, San Martiño, Rodis e Plasamar esperan agora en fila para probar ao novo Beira, que principalmente, é o vello Beira.


Só durante 10 minutos do primeiro tempo deu a sensación o Nel de que podía sacar algo deste partido. Dende o comezo o Beira impuxo o seu xogo e os goles chegaron paralelamente. Son 3 en 2 partidos para Pablo, a nova fichaxe, que demostrou que máis alá de dianteiro, é xogador de fútbol. Grande aportación. O equipo en liñas xerais combinou ben e a defensa mostrouse segura excepto uns minutos nos que o Nel a puxo en apretos. Pouco traballo tivo Miki, que se dedicaba máis a falar co público que a ollar ao contrario á cara. O primeiro gol foi invisible para min, o segundo, un pase bo dende a dereita do potro de M.A., o central Diego, que Pablo aproveita en segunda instancia. Chaparrón e descanso.
Por que pouco non nos libramos da chuvia os que entrabamos na segunda!! Pero non puido ser... Chaparrón e segundo tempo. Aos 15 da segunda xa estaba o encontro sentenciado. Un xogadón de Dani Gallego pola dereita, levándose a tres rivais e poñendo a Diego diante do porteiro supuxo o 3-0. Tremendo o que está crecendo este rapaz como futbolista esta tempada!! O cuarto foi un "eu mo guiso, ainda que non sei cociñar ben, a ver o que se pode facer, mais de todos modos eu mo como" de Diego. Tras o cuarto chegou a relaxación, o non correr polo compañeiro, etc. E claro, o gol do honor do Nel. Se ben é certo que esta actitude trouxo desgustos ao Beira no pasado, e é un dos problemas dos que ás veces adolece o equipo, tamén é certo que esta vez se podía permitir e o partido, ao fin ao cabo, controlouse ben.

3 Puntos para o saco, que permiten ao Beira auparse á oitava posición (a un posto do ascenso!), superando ao Plasamar, recortando puntos ao Bugarent, aumentándo a diferencia con Inter e Transportes A Pena, e manténdoa con Fariña Freire, Olas, Xesteda e IRC, próximo rival, no que será o derbi de Limiñón. Un dato positivo. De 5 derbis do Beira, 4 victorias e un empate. A seguir. Unha victoria permitiría meter a máis equipos que ata o de agora ían destacados na loita por entrar entre os 7 primeiros, e deixar atrás a rivais potenciais polo ascenso. Entre outros o IRC que se colocaría a só 3 puntos do Beira, se se lle vence.
Tamén importante á victoria para empezar con bo pé o mes que espera ao equipo. Veremos o nivel que pode dar en plenas faculdades. De momento, dúas victorias consecutivas que devolven ao Beira á loita. A pola terceira!

miércoles, 14 de abril de 2010

Xornada.XXIX Soneira Beiravista 2 - Bugarent 0

NO BO CAMIÑO
Sábado 10 de abril, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________

ALINEACIÓN

1. Popi
19. Nando
25. Ta [min. 45]
14. Diego Mato
5. Manolo
3. Fredo
15. Félix [min. 45]
6. R. Castro
12. Roi R.
18. Sergei
21. R. Cambre [min. 55]
24. Moki
20. Gaitas
9. Diego [min. 55]
11. Pablo

GOLES

1-0 Pablo [min. 15]
2-0 Gaitas [min. 35]

TARXETAS

Roi R. [min. 25]
Manolo [min. 65]
Sergei [min. 75]

CRÓNICA