ALINEACIÓN
1. Jacobo
19. Nando
23. Dani Blues [min. 46]
7. Roi
15. O.Carro
3. Fredo
6. R. Castro
24. Moki
11. Pablo
20. Gaitas
GOLES
0-1 O Tercio [min. 20]
0-2 O Tercio [min. 40]
1-2 O Tercio [min. 60]
1-3 Álvaro [min. 75]
TARXETAS (por actualizar)
Moki [min. 70] Cartón Vermello
CRÓNICA
E este era o líder? O Tercio plantouse en Limiñón cunha idea clara na cabeza: dar patadas. Por unha banda ao balón, principalmente no primeiro tempo. Gastaron uña pero foron eficaces alcanzando as costas unha e outra vez dunha defensa cunha colocación moi irregular, moi en parte provocada pola desacertada liña de medios do equipo, que non acercaba a coller as marcas, todo a pesares dun bon Rubén, que foi de menos o máis. O Beira achegouse con perigo principalmente en tres acción. Unha boa volea de Roi R. á saída dun córner. O obús foise desviado. Un libre directo no que Álvaro superou ben a barreira pero o esférico fuxiu a un metro da escuadra. E outra de Gaitas cun zurdazo dende o borde da área que tamén marchou fóra. 2-0 ao descanso como excesivo castigo.
Na segunda, pouco mudou de comezo. Ainda que neste periodo, O Tercio cambiou as patadas ao balón polas patadas ás pernas dos xogadores beiros. Ata o minuto 60, o partido seguía parello, o que beneficiaba ao visitante. Cando chegou o desafortunado 0-3, o Beiravista non acadara a forma de incarlle o dente ao rival, mais non merecía perder por máis dun gol. En 5 minutos o partido deu un volco. Expulsión rigurosa a Moki, que protestou máis alto do debido unha das numerosas falta coas que os líderes frenaban os intentos do Beira de irse arriba. Cócenche a patadas e quedas con 10. Pero aos tres minutos, outra utilización indebida do diccionario deixa aos equipos dez para dez. E todo mudou. Entre o terceiro e as expulsións, o Beiravista desatouse. Quedou liberado da presión de perder e empezou a xogar ao fútbol (xa o fixera en 10 minutos no primeiro tempo, que lle permitiran ter as mencionadas ocasións). Cun "desparpajo" pouco habitual, e unha movilidade nunca vista por Limiñón, o Beiravista transformouse en electróns e o Tercio non veía a pelota. Por veces catro xogadores se xuntaban no medio para facer combinacións rápidas en corto e acabar enviando balóns ao darriba, onde por veces aparecía, Fredo e tamén Dani Terra. Unha e outra vez o Beiravista se plantaba no borde da área rival a base de toque. O Tercio veíase desbordado, e a pesar da ampla ventaxa, empezou a repartir de esaxeración ante a permisividade do árbitro, que se ben pitaba as que tiña que pitar, non aplicaba en ningún momento a regra da reiteración. A quince do final, unha boa xogada acabou cunha internada de Fredo. Álvaro colleu o rexeite do seu pase da morte para poñer máis inquedanza no rival. 1-3. A partir de ese momento, coller o balón no medio para distribuir o xogo era sinónimo de recibir unha patada. O Tercio, desbordado, non se cortou á hora de mostrar a súa inferioridade no xogo a base de estopa. Servidor recebeu ata 5 faltas sinaladas polo árbitro só na segunda parte. Houbo varias ocasións para reducir a vantaxe. A máis clara un man a man de Pablo que non tivo sorte á hora de resolver. Terían sido de infarto os derradeiros 7 minutos. Pero o certo é que o equipo reaccionara tarde, con todo perdido, nun partido que puido levar, de ter sido un bocado máis contundente en defensa, e máis ambicioso en ataque. Os metros que un corre xenerosamente para ofrecerse como alternativa de pase a un compañeiro, os mesmos que corren para cubrir as costas doutro cando toca defender, son a diferencia entre estar a tres puntos do rival, ou ficar a nove. Entre estar na metade da táboa, ou ser dos mellores.
Aproveitemos. Temos 20 minutos de exemplo a seguir.