SE NON HAI FONDO DE ARMARIO, NON HAI EQUIPO DE TEMPADA
Sábado 22 Outubro. 16:00h. Limiñón
_______________________________
ALINEACIÓN
Burlaron: David; Adri, Roi A., Manolo, Carro; R. Castro, Álvaro, Nico; Rubén Cambre, Pablo, Diego.
GOLES
0-1 Parrillada K´Dis (min.15)
1-1 Diegol (min.45)
1-2 Parrillada K´Dis (min.50)
1-3 Parrillada K´Dis (min.60)
1-4 Parrillada K´Dis (min.75)
TARXETAS
Algunha
CRÓNICA
Cando o árbitro pitou o final, todo o equipo tivo a sensación de ter sido derrotados xustamente. E así foi. Pero hai outra realidade. Ao final dos primeiros 45 minutos o resultado era de empate a 1, e o rival tirara a porta dúas veces. O gol aos cinco minutos da segunda acabou co Beiravista, que se afundiu no pozo sin fondo do cansancio. O rival (antigo Inter) creceuse e xogou a placer, ante un equipo local impotente en ataque, inoperante no medio e feble en defensa. Na banda a afición respondeu, pero non había ningún vestido de corto. O clube leva unha deriva contraria ao Xabarín co seu "cada día somos máis". Tebras entorno á plantilla. 4 puntos en 7 partidos.
Cheira a xofre en Limiñón. Qué pasa!
A OUTRA CRÓNICA por S.avizante
Nada. Arreglaron as duchas e agora a auga sae quentiña. Se te apuras a ducharte, claro. Pero seguimos sen rede no Fondo Perrea. Non sería malo poñer o twitter alí. Se alguén ten un de sobra, xa sabe. Hai quen lle pediu a pornaka a Rúben no segundo tempo, pero estaba nunha situación demasiado cómoda. A ver as tecnolóxías que importa do Xapón. Igual nos fai un pornakao á volta. Outros estarán por Vietnam, como estivo este sábado a iso das 17:15 o centrocampismo beiro. De Vietnam non traerán xogada algunha, pero algo se poderá esperar, para cos nosos, do terceiro país que máis arroz exporta do mundo. Álvaro (2), Manolo (2) e Pablo lograron tirar cinco faltas fóra dos tres paos. Ten gracia, porque Álvaro e Manolo viñan falando no coche da importancia de tiralas por dentro. David zampouse un donuts, que botou antes de entrar, como se lanzas unha roda xigante polo medio dunha desas avenidas que hai nas Vegas, nun día en que está baleira, porque todo o mundo foi ver o desfile de carrozas de Halloween, programado tres avenidas máis cerca do deserto. Alí no deserto, hai unha lagartixa que moveu un pé. Ese pé provoca un vento, ese vento acelera unha gota de chuvia, que travesa o mundo e ven caer no papel no que Óscar anda facendo os retoques tácticos para o próximo fin de semana. É un sinal. Non o desaproveites. Onde venden botas baratas?
lunes, 24 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)