lunes, 26 de octubre de 2009

VII Xornada. BEIRAVISTA59 3 - XESTEDA 3

PUNTO DE CASTA
Sábado 24 de Outubro, 12:00 h. Campo de Limiñón
________________________________
__

ALINEACIÓN

1. Miki
5. Manolo
4. Popi
7. Roi A. [min. 45]
3. Fredo
17. Félix [min. 45]
6. Rubén Castro
18. Sergei [min. 45]
17. Álvaro
23. Dani
25. Abel [min. 45]
21. Rubén Cambre
20. Gaitas [min. 45]
9. Diego
25. Moki

12. Roi R.

GOLES

0-1 Xesteda [min. 15]
1-1
Fredo [min. 30]
1-2 Xesteda [min. 50]
2-2 Diego [min. 60]
3-2 Roi R. [min. 65]
3-3 Xesteda [min. 80]

TARXETAS

Roi R. [min. 25]

CRÓNICA DO PARTIDO

E por fin choveu en Limiñón. O campo mollouse e os xogadores tamén. Partido de brega entre dous equipos con estilos moi diferentes. Un partido con alternativas que calqueira puido gañar, o día en que o Beiravista esqueceu o balón pero se lembrou das pelotas.

Vaia primeiro tempo! O Beiravista saiu ao campo sen enterarse de que ía o partido. Os primeiros minutos foron un tanto confusos ata que o Xesteda, a base de empuxe, fíxose co dominio territorial. Porque tampouco é que os visitantes crearan xogo dende o mediocampo, simplemente o do Beira non estaba. A defensa tamén deixaba moito que desear en canto a enteireza. Por non estar claro, non o estaba nin quén tiña que cubrir a cada un dos rivais. E con tanto descoloque xeral, a dianteira pouco puido facer e pouco fixo. E ante este panorama un novo disparo do Xesteda, que Miki rexeita face un lado e o rexeite o aproveita outro visitante para poñer o 0-1. Pero nin coa bofetada o Beiravista espertou. O mellor un par de córners que se remataron fóra. Tiña a pinta de ser un día deses nos que non sae nada. E porque contradixo iso, foi moi importante a subida de Fredo dende atrás. O reconvertido novo lateral esquerdo chegou ata o borde da área do rival para enganchar un fredazo casi imparável. De feito, foi imparable.Empate, 1-1.

A lástima e que o Beira seguiu durmindo e o Xesteda acumulando homes e perigo. Unha delas con Miki xa batido, a sacaron entre Moki e Álvaro da liña de gol, na acción máis destacada dos interiores do Beiravista, o que fala e moito do que estaban a facer os laranxas. O mellor era que chegara o descanso. Pero non chegou; e entón veu o amigo "2" e se puxo no sitio do resultado visitante. Agora xa podes pitar. Fin do primeiro tempo.

Moveuse o banquiño e o grifo das duchas. E de repente, entre unha entregada, cálida e numerosa afección, o Beiravista púxose a xogar ao fútbol. Probablemente a xente de refresco, e o tempo de descanso, permitiron que "os pequechos laranxas" colleran folgos para poder arremeter con tal forza contra os máis ben grandes rivais do Xesteda. Un duelo sen dúbida físicamente desigual. Nesa desigualdade o Beira fixo o que mellor podía: tocar rápido o balón. Dous ou tres avisos claros nos primeiros instantes da segunda, entre eles un balón ao pao de Gaitas, presaxiaron o empate. Diego voltou aparecer para poñer as táboas que xa se estaban facendo xustas. O equipo seguiu xogando e creando moito perigo. E insistindo. O partido parecía totalmente outro. O Beira era moi superior ao Xesteda. Roi R. puxo o 3-2 da ledicia. Ainda o equipo local tivo 5 minutos nos que puido mesmo irse no marcador. De feito, un perigoso chut petou dentro da área no cóbado dun rival, pero (por non entrar en polémicas) o árbitro non o apreciou así.

Púxose a chover, ao tempo que o Xesteda lanzouse polo partido. Os brancos conseguiron poñer o partido onde querían. Aos beiras se lles acabou o fuel e perderon o balón e outra vez o medio. O encontro tornouse físico e de pelexa. Tocou defender, e se fixo como se puido ata o empate a 3 a 12 minutos para o final. Sen forzas nen orden para atacar, alén dalgunha xogada aillada á contra, ao Beira lle tocou encomendarse á defensa. E a defensa foi brava, contra uns rivais moi potentes fisicamente. No medio da choiva, o Beiravista aguantou o chaparrón e levou traballadamente un punto, que se ben os optimistas pensan que puideron ser tres, tamén é certo que puido ser ningún.

Polo tanto, o resultado non é malo, máis vista a pinta que ten o Xesteda de que vai estar arriba ao final da liga. E máis tendo en conta que o Beira xogou ao fútbol 20 minutos de 90. Iso sí, é moi importante ver que o equipo, cando tivo que poñer o mono de traballo, o puxo.

Cea polémica

Ás 23 horas de ese mesmo día o "59" celebrou a primeira cea do ano, na que non faltaron boi, insultos ao presidente, viño, comentarios informais, camisas manchadas, que esperemos xa se recuperaran, peloteos co entrenador, cervexas, críticas aos xogadores, discusións tácticas sen fundamento, insultos do presidente, pementos... En definitiva, un ambiente agradable, distendido e amizoso. Beira, aí é onde empezas a ser un equipo. Na terceira copa.

Imos carallo!!!!

Próximo xogo: Fóra contra o Picofino. Levan 6 puntos e veñen de perder 3-2 contra Transportes A. Pena (como veredes, colleremos case sempre aos que deixa este equipo, polo que vos digo, para que teñades a referencia, que o Transportes A. Pena foi o primeiro rival deste ano co que perdemos 3-2 tamén no primeiro partido da tempada). Así que quedaron coma nós contra eles. E están 5 puntos por debaixo de nós. Son os segundos máis batidos pero levan máis goles a favor que nós. Deberíamos gañar, xa que logo teremos un calendario fodido.

Forza Beira

3 comentarios:

oscar dijo...

foi unha boa finde

Anónimo dijo...

a camisa segue sucia!!!

ama de casa dijo...

para la anónima esa que está loca con las manchas de vino tinto de la camisa que la traen desesperada. he aquí un consejito que nos deja una amiguita en internet para su problemita:
"Hace 3 fines de semana que estuvimos en Tudela de Duero, al abrir una botella de vino le cayó por la espalda a mi marido, te puedes imaginar toda la camisa manchada de vino tinto (encima la camisa nueva), asi que pasó todo el dia con la camisa sucia y a la mañana siguiente la metí en remojo con leche frotando de vez en cuando, luego aclare y la metí a la lavadora, y salieron las manchas."
extraído de mundorecetas.com