lunes, 12 de octubre de 2009

IV Xornada. INOX PUB 0 - BEIRAVISTA 59 2

3 PUNTOS NO DERBI DE ORILLAMAR

Sábado 10 de Outubro, 16:00 h. A´Barcala
__________________________________



ALINEACIÓN

1. Miki
23. Dani +
17. Álvaro [min.5]
5. Manolo
4. Popi
22. Raúl [min.50]
15. Félix
12. Roi R.
6. Rubén Castro
18. Sergei
24. Dani Mato
7. Roi
9. Diego


GOLES

0-1 Álvaro [min.44]
0-2 Álvaro [min.75]


TARXETAS

Félix - Vermella directa [min.5]
Sergei [min.55]
Roi [min.75]
Diego [min.80]


CRÓNICA DO PARTIDO

Primeira victoria neste curso 2000-2010 na Barcala, un campo que trae bos recordos xa que foi onde debutamos nesta competición o ano pasado con 3 puntos e que volve a dar sorte un ano mais.
O partido comezou mal pola lesión de Dani nos primeiros minutos e a posterior expulsión de Félix por man (pegada ao corpo) dentro da área. ¡Penalti que bota un xogador inoxiano, pégalle cos tacos da súa bota dereita e parada de Miki!
Tras este lance do xogo o dominio foi do equipo branquilaranxa que impuso o seu estilo no medio do campo, e a pesar de xogar con tres defensas a zaga estivo ben posicionada coa axuda de Moki na banda dereita, facédose un partido ao máis puro estilo Roberto Carlos. Un par de balóns por riba da portería do Inox e unha gran volea de Roi R. cóa esquerda dende fora da área que pega no pao esquerdo e non entra por pouco, son a antesala do primeiro gol. Minuto 44, xogada de equipo por banda, centro, un par de rexeites, e Álvaro anota dende a frontal, 0-1 . Así chegamos ao final do primeiro tempo.
A Segunda metade comeza co mesmo plantexamento de controla-lo partido e ir a por un segundo tanto que nos dese tranquilidade. Entra Raúl por Popi e Roi pasa a ocupar a praza do 4 do 15002. Xogo duro no campo e a ocasión máis clara do Inox, unha falta dende fora da área que bota o seu dianteiro con potencia pero que atalla Miki en dous tempos. O dominio segue a ser dun Beiravista con dez que volve a crear perigo en un par de xogadas de Diego e un bo pase entreliñas de Raúl a Moki que non anota. Pouco despois, falta no borde do área Vermellona que lanza Álvaro pegada ao pao lonxe do alcance do porteiro inoxiano que sube ó marcador, 0-2 e segundo tanto na conta do de Bilbo.
O Inox lánzase á desesperada ao ataque, o que permite sair á contra con máis facilidade, ata que xa no final do encontro o colexiado non sinala un penalti claro nun man a man do 9 branquilaranxa co porteiro.
3 puntos, primeira victoria do campeonato, portería a cero , partido serio por parte de todos e bo xogo.
É para estar satisfeitos
Norabóa.

1 comentario:

álvaro dijo...

Míster, que grande eres carallo!!!!