Sábado 17 de Outubro, 12:00 h. Campo de Coiro
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
5. Manolo
4. Popi
10. Marino [min. 55]
3. Fredo
19. Nando
12. Roi R.
6. Rubén Castro
17. Álvaro
25. Abel [min. 45]
24. Moki
7. Roi A.
9. Diego
20. Rubén Cambre [min. 55]
GOLES
0-1 Roi A. [min. 15]
0-2 Roi R. [min. 55]
0-3 Miki [min. 75]
0-4 Moki [min. 85]
TARXETAS
Álvaro [min. 25]
Manolo [min. 65]
CRÓNICA DO PARTIDO
O Beiravista comeza a parecer un equipo. Terceira victoria consecutiva merecida dos pichóns. Terceiro partido sen recibir un gol, algo ao alcance de moi poucos. O día que Miki (e a gran defensa) chegaron ás máis de 5 horas de xogo sen encaixar gol e para celebralo, o moi cabrón meteu un. Acabouse a maldición de Coiro.
Saiu o Beira como fai últimamente. Contundente atrás, dominando no medio e fluido e con alternativas no ataque. E chegaron as primeiras ocasións. A Tasca peleou na medio máis veu que non ía ser del. Lograron enviar algún balón ás costas da nosa defensa onde os formantes de inicio Nando, Popi, Manolo, Fredo xunto con Miki, conseguiron minimizar o perigo de tales ocasións. O Beira creaba ocasións xogando. Máis o gol saiu dun balón roubado por Álvaro na frontal; forte disparo centrado que repele o porteiro e Roi cruza moi ben o rexeite cerca da escuadra contraria. 0-1. Vento a favor.
O Beira seguiu dominando sen presas. E creando perigo. Varios disparos cruzados, a maioría de Diego, que se moveu coa súa velocidade característica, foronse fóra os moi fillos de puta. Unha clara deles, tamén se foi fóra. Só fodería. O resultado no descanso era curto para o dominio. Alguén considerou que o equipo xogara pouco en curto, máis ocasións non faltaron.
Na segunda entraron escalonadamente, Moki por Álvaro, Marino por Popi e Rubén P. por Diego. Raúl preferiu quedar observando como Nando e Roi da Bodega, achegábanse á banda a realizar actos contrarios aos principios morais do vaticano, que son, básicamente, non tocarse entre os adultos pero si aos nenos. O Beira estaba disposto a rubricar o bo primeiro tempo. Sen embargo, os primeiros quince minutos da segunda foron algo incertos. Ninguén controlaba o xogo. O partido estivo por minutos no ar. Ata que Roi da Bodega enganchou un rápido chut que botou diante do porteiro e puxo terra de por medio coa incerteza. O Beiravista voltou dominar o medio. Rubén C. e Marino fixeron moi ben o seu traballo. Rubén P. estivo a piques de marcar, pero acabou magoando ao porteiro rival , que esperemos xa esté recuperado da brecha na cabeza. Ta puxo velocidade e perigosos centros. Unha xogada calqueira no 75, converteuna Miki na xogada do partido. Caía un balón do ceo, saiu a despexar, mais ambicioso viu un oco na porta rival, e enviou un obús dende 70 metros que o porteiro rival non puido nin tocar. O equipo tolea e se bota enriba de Miki. Parabens! Despois de tanto días de sufrimento na porta, parece que tamén tocan días bos. Partido sentenciado. Chegando ao final, Moki cruzou perfectamente un balón, raso e ao outro pao, dende fóra da área para poñer o 0-4 definitivo.
O Beiravista 59 asoma por primeira vez á zona alta da táboa na súa historia. Sitúase a 3 puntos do ascenso, cando chegou a estar a 8. E o máis importante. Encontrou un estilo de xogo e sabe a que ten que xogar. E ten plantilla para iso. Veremos agora ata onde pode chegar o equipo. O certo é que derrotou ao antepenúltimo e ao penúltimo polo que hai que ter os pés no chan. Os dous próximos partidos son contra equipos da zona mediabaixa da táboa. Se o Beiravista segue nesta liña, poderá chegar a enfrentarse cos de arriba nunha boa situación. Pero vaiamos partido a partido. O sábado as 16.00 horas, todos á Perreira. Ven o contundente Xesteda, que ven de gañar ao Transportes A Pena e o ano pasado foron 5º. Haberá que facer un bó partido. Sendo ás catro, esperamos voltar a contar coa a nosa importantísima e grande afición que merece alegrías.
Parabens rapaces!!
Cheira a churrasco!!
Forza Beira!!!!
4 comentarios:
Serei eu o gafe? Podedes estar tranquilos que esta semana tampouco vou.
Estamos en racha de xogo e resultados.
Vamos Beiraaaaa!!!!
Felix, non te castigues.
volve que as segundas partes sempre serán túas!!jejeje
aupa!!!
Grande Alvarito!!
Publicar un comentario