domingo, 29 de noviembre de 2009
XII Xornada. IRC.DEP. 0 - BEIRAVISTA 2
Sábado 28 de Novembro, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
15. Félix
5. Manolo
4. Popi
23. Dani [min. 45]
19. Nando
12. Roi R.
6. R.Castro
24. Moki
21. R.Cambre
11. Mikel [min. 60]
9. Diego
20. Gaitas
GOLES
0-1 Diego [min. 65]
0-2 Diego [min. 85]
TARXETAS
Roi R. [min. 40]
CRÓNICA DO PARTIDO
Bo partido o de onte en Limiñón. Auga e frío. Barro e patadas. Bo traballo defensivo e contrataque eficaz.
Vamos Beira Beira.
sábado, 21 de noviembre de 2009
XI Xornada. BEIRAVISTA 3 - NEL 1
Sábado 21 de Novembro, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
15. Félix
5. Manolo
7. Roi
19. Nando
12. Roi R.
11. Mikel [min. 60]
6. R.Castro
24. Moki
17. Álvaro
21. R.Cambre
18. Sergei [min. 45]
22. Raúl
20. Gaitas [min. 45]
GOLES
1-0 Álvaro [min. 35]
1-1 Nel [min. 40]
2-1 Álvaro [min. 80]
3-1 Álvaro [min. 90]
TARXETAS
Partido limpo.
CRÓNICA DO PARTIDO
Sí, victoria. De sorriso forzado en Limiñón. Segundo partido frouxo seguido do Beiravista. O Nel dominou na primeira (1-1) e os locais na segunda. Cun xogo improvisado e directo fíxoselle fronte a un rival con ganas pero ineficaz. Coa gravidade acelerando a caída no reloxio de area, un hattrick pícaro salva ao Beiravista da lama.
Buff! Que tres puntos máis ricos. O equipo atascouse. En defensa, en medio e en ataque. Tras pasados os primeiros dez minutos de contacto o Nel fíxose sorprendentemente co control do partido a base de empuxe e anticipación. Os locais non sairon relaxados, pero se veían superados nas accións individuais e quedaron desconcertados xa que ninguén esperaba tal guión. Só o seu desacerto e as accións defensivas de calidade en momentos chave permitían manter o 0-0 segundo ían transcurrindo os minutos. O gol estaba ao caer, ante un Beira que creara perigo nunha contra, con gran pase de Rubén Castro cara a esquerda a Álvaro (bravo!!) que regatea o porteiro pero acaba perdoando; e nunha xenerosa cesión de Roi R. a Álvaro que este marra e manda o pao, ainda que o árbitro invalidara a xogada de forma non moi clara. Seguía dominando o Nel ata que nunha xogada na defensa dos visitantes, Moki presiona ao defensa, que cede ao porteiro, a súa vez tamén presionado por Moki, desfaise do balón como pode e Álvaro aproveite o mal despexe. Inxustiza en Limiñón.
Nos minutos seguintes o Beira vai ter o segundo. Dous centros dende a dereita de Álvaro, en xogada con Moki e coa axuda de Nando, chegan ao pés de Raúl e Rubén Cambre que non marcan por pouco. Outra nun pase de Rubén Cambre a Álvaro que manda ao fondo da rede co xogo xa parado para sinalar unha falta (no canto de deixar seguir) que Roi R. disparou con perigo acabando en córner. E sucedeu o que tantas veces no fútbol. Un equipo está a dominar -o Nel-, non marca, o outro estírase 10 minutos e xusto aí é cando marca quen o merecía (ainda que esta vez o outro tamén marcou). E así sucedeu chegando o empate a 1 co que se chegaba ao descanso. E non era mal resultado para o Beira!
Na segunda muda o partido. O Nel vai xogar sen perigo, lonxe da portería de Miki. Boa defensa dos laranxas na segunda metade. Se cadra do máis destacado do equipo en todo o partido. Na segunda o Beiravista é o que crea as ocasións. Gaitas e Sergi puxeron moitas ganas no medio para iso. Entre elas, como non, un disparo ao pao de Gaitas ou Roi R. (creo; corríxanme) dende fora da área. Outra de Álvaro coa portería baleira de volea a fóra. E despois o árbitro coceu ao equipo a foras de xogo. A maioría ben pitados, provocados por un Álvaro mal posicionado que frenou algunhas acometidas do equipo, en concreto unha na que Moki quedaba só diante do porteiro (xogada que por certo tamén acabou dando no longueiro). Para matalo. Moki se lamentaba con comprensión cabaleirosa. Algúns mal pitados estragaron ocasións locais.
E depois de moito esperando, por fin debutou Mikel. E con bó pé. Cando o tempo comenzaba a facer tic-tac nas cabezas dos laranxas, un disparo seu converteuse nun extraordinario pase que só había que empurrar. 2-1! Os derradeiros minutos fixeronse algo longos ainda que o Nel non conseguiu crear verdadeiro perigo. O 3-1 chegou nun pase longo de Manolo no que o defensa rival se confiou e acabou perdendo ó esférico para que Álvaro levara o balón para a casa, no momento en que o árbitro pitou o final do partido.
Vai a haber que facer flash-back de xogo nos dous próximos compromisos.
Derby de Limiñón
Partido de lembranzas e esquecementos. Lembrarse de onde acabaron os dous equipos o ano pasado. Penúltimos, empatados a 25 puntos. E esquecer rápido iso, un para o outro, porque o que non o faga o sábado vai comer terra. 3º e 6º con só dous puntos de diferencia. Loitando polas plazas altas da clasificación. O IRC ven de perder o liderato no campo de Coiro (4-3). O Beiravista perdeu o seu último compromiso importante pero ven de gañar. Agora hai que recuperar o xogo, totalmente necesario, para dar outro zarpazo na parte máis alta da clasificación. O sábado, a guerra polo feudo. De quen é Limiñón?
Teñen que voltar as laranxas atómicas!!!
domingo, 15 de noviembre de 2009
X Xornada. BUGARENT 5 - BEIRAVISTA 2
Sábado 14 de Outubro, 16:00 h. Campo de Orro
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
23. Dani
5. Manolo
4. Popi
19. Nando
12. Roi R.
6. R.Castro
24. Moki
20. Gaitas
21. R.Cambre
18. Sergei [min. 60]
9. Diego
GOLES
0-1 Roi R. [min. 10]
1-1 Bugarent [min. 15]
2-1 Bugarent [min. 50]
3-1 Bugarent [min. 55]
3-2 Roi R.[min. 65]
4-2 Bugarent [min. 75]
5-2 Bugarent [min. 80]
TARXETAS
Sergei [min. 80]
CRÓNICA DO PARTIDO
lunes, 9 de noviembre de 2009
IX Xornada. BEIRAVISTA59 2 - OLAS 1
Sábado 7 de Outubro, 16:00 h. Limiñón
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
25. Abel
23. Dani [min. 45]
5. Manolo
7. Roi
15. Félix
18. Sergei [min. 45]
12. Roi R.
6. R.Castro
17. Álvaro
22. Raúl [min. 45]
20. Gaitas
21. R.Cambre
9. Diego
GOLES
1-0 Gaitas [min. 55]
2-0 Diego [min. 65]
2-1 Olas [min. 80]
TARXETAS
Diego [min. 85]
Manolo [min. 75]
CRÓNICA DO PARTIDO
Chegou a proba de fogo e o Beira disparou. Xogando ao fútbol, ante un rival de calidade, as laranxas atómicas deron un paso coma equipo, coma clube. No medio dos charcos, os rapaces atrevéronse a rasear a pelota para levar con eles unha merecida victoria ante un rival ao que tamén lle gusta o fútbol e que non regalou nada. O Beira parece preparado para enfrontar a calquera. Gaitas e Diego marcaron os goles da victoria, que non tería chegado se Sergi non tivera sacado no último suspiro un balón que se colaba na rede cando xa todos chorabamos o empate. Non tería sido xusto.
Limiñón, 16:30 h. A hora da verdade chegou con media hora de retraso. Retraso sobre o horario previsto debido, entre outras causas, a problemas endémicos do noso clube. Con algunhas mans manchadas de cal arrancou un choque que tiña que servir aos laranxas para demostrarense a si mesmos que podían xogar e ser competitivos contra calquera, ou para demostraren o contrario. O partido comezou con bastante igualdade. Os dous equipos tentando facer fútbol e chegar arriba movendo o balón. A pesar do aspecto inicial do campo -aspecto piscina- este comportouse bastante ben e permitiu, tamén gracias á auga, que a pelota circulara. O que non quita que o campo precise que lle corten as guedellas, que ás veces máis que un campo semellan xestas.
Nunha primeira hora de "tú a tú" o máis destacado polo visitantes foi un disparo dende o seu ataque esquerdo que buscaba o segundo pao, tras boa xogada persoal, e que por pouco non colleu a rosca necesaria para virarse cara porta. A mellor do Beiravista foi un gran pase ás costas da defensa do Olas que Diego aproveitou para elevar o balón por riba do porteiro, pero a vaselina saiu demasiado cruzada non lonxe do pao.
Miki tivo pouco que intervir pero mostrouse seguro. Atrás Félix e Ta estaban a cumplir ben o seu traballo, dandolle saida á pelota cara o ataque. Félix un pouco mellor na defensa e Ta no ataque, como é loxico. Roi soubo ocupar, todo o primeiro tempo, un oco entre o noso medio e a súa dianteira o que lle permitiu anticiparse á xogada e non menos de tres ocasións e recuperar a pelota. Mentres Manolo caia perfectamente ás bandas para axudar aos laterais con contundencia. No medio centro, Roi R. e Rubén Castro facíano mellor en ataque que en defensa. Andiveron algo descolocados, algo que lles sucede ás veces e fai que o equipo se resinta, pero en troques colocaron diversos balóns as costas da defensa e cara os interiores. Tamén Rubén Cambre e Álvaro destacaron máis na labor ofensiva e menos na recuperación, Rubén logrando crear xogadas de perigo en combinación dende a dereita e facendo dos seus regates e Álvaro caendo máis ao medio, sendo obxecto dalgunha falta e probando un par de remates sen éxito. Gaitas moveuse entre liñas e buscou pases ás costas e Diego dispuxo dalgunha ocasión e cedeu un par de bos pases.
Con todo isto o Beira rompeu a igualdade no xogo da primeira media hora e nos últimos 15 minutos fíxose co control do partido, dispoñendo de diversas ocasións para facer o 1-0. O pitido do árbitro deixou aos locais coas ganas, a sabendas de que estaban moi cerca do gol e se ían con empate ao descanso.
Na segunda, segundo testemuño da afeción, o Beira non dominou tan claramente, pero dende as duchas tampouco se veía que chegara o Olas á portería local. No minuto 10, segundo contan un par de presentes, tras un longo barullo moi pelexado no lateral da área, Gaitas acaba quedando co esférico para adornar a estrena das súas botas homenaxe ao fútbol dos 50 cunha estupenda vaselina ao pao longo. Delirio en Limiñón.
A partir de aí o Beira tivo controlado o partido, máis a diferencia era curta. Raúl e Dani G. se encargaban do flanco dereito do equipo e conseguiron crear máis perigo que o rival por ese lateral. Rubén Castro e Roi R. recuperaron o sitio no medio e notouse, e de que maneira. O equipo estaba moi ben ordeado e volveu xogar a pelota sen presas. O segundo de Diego á contra, cun disparo que se quixo ir fóra máis despois pensouno mellor e decidiu que o xusto era entrar, colaborou en todo isto.
De aí ao final o Beiravista tivo controlado o xogo, pero casi se lle escapa o partido. Nos últimos minutos o Olas, que case baixara os brazos só creou perigo a balón parado. Pero que perigo! A dez do final, unha falta botada pouco máis adiante do mediocampo acabou no corazón da área, adiantándose coa testa unha hábil "Ola" para poñerlle toda a incerteza ao partido. Tocaba sufrir. Pero os minutos foron pasando case sen sobresaltos. Ata que no último minuto case se para algún corazón. Falta no vertice dereito da área do Beiravista. O Olas saca unha xenial falta que semella un centro, mais o balón non vai cara a ninguén. Vai cara porta. Cando xa todo o mundo ve o balón dentro, aparece Sergi, deixado a propósito para o final nesta humilde crónica, e coa súa zurda despexa o balón ao aire e salva a victoria merecida do Beiravista na penúltima xogada do partido e polo tanto dous puntos. Para que logo digamos que os defensas non son decisivos para ben!
O árbitro pita e o equipo enteiro pecha os puños en alto no berro da victoria. Cánticos no vestiario. Tres puntos importantísimos, non menos no moral que no clasificatorio. Grande partido do Beiravista que eleva a súa racha a 16 puntos dos últimos 18 posibles, 6 partidos sen perder e se coloca momentáneamente 5º. Ver para crer. Moito Beira.
O sábado contra o terceiro
Máis madera. Aos que botávades de menos os partidos cos de arriba, aquí tedes doble ración. O sábado ás 16:00 en Orro (lugar e hora a confirmar por quen vaia a reunión), visitamos o campo do Bugarent, actualmente terceiro na clasificación, empatado co segundo. Ven de gañar 3-4 e nos leva un punto na clasificación. Goles a favor-en contra 30-25; nós 27-16.
Que dure a racha!
Forza Beira Oé!!!!!