lunes, 9 de noviembre de 2009

IX Xornada. BEIRAVISTA59 2 - OLAS 1

O BEIRA ROMPE O TEITO
Sábado 7 de Outubro, 16:00 h. Limiñón
__________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
25
. Abel
23. Dani [min. 45]
5. Manolo
7. Roi
15. Félix
18. Sergei [min. 45]
12. Roi R.
6. R.Castro
17. Álvaro
22. Raúl [min. 45]
20. Gaitas
21. R.Cambre
9. Diego

GOLES

1-0 Gaitas [min. 55]
2-0
Diego [min. 65]
2-1 Olas [min. 80]

TARXETAS

Diego [min. 85]
Manolo [min. 75]

CRÓNICA DO PARTIDO

Chegou a proba de fogo e o Beira disparou. Xogando ao fútbol, ante un rival de calidade, as laranxas atómicas deron un paso coma equipo, coma clube. No medio dos charcos, os rapaces atrevéronse a rasear a pelota para levar con eles unha merecida victoria ante un rival ao que tamén lle gusta o fútbol e que non regalou nada. O Beira parece preparado para enfrontar a calquera. Gaitas e Diego marcaron os goles da victoria, que non tería chegado se Sergi non tivera sacado no último suspiro un balón que se colaba na rede cando xa todos chorabamos o empate. Non tería sido xusto.

Limiñón, 16:30 h. A hora da verdade chegou con media hora de retraso. Retraso sobre o horario previsto debido, entre outras causas, a problemas endémicos do noso clube. Con algunhas mans manchadas de cal arrancou un choque que tiña que servir aos laranxas para demostrarense a si mesmos que podían xogar e ser competitivos contra calquera, ou para demostraren o contrario. O partido comezou con bastante igualdade. Os dous equipos tentando facer fútbol e chegar arriba movendo o balón. A pesar do aspecto inicial do campo -aspecto piscina- este comportouse bastante ben e permitiu, tamén gracias á auga, que a pelota circulara. O que non quita que o campo precise que lle corten as guedellas, que ás veces máis que un campo semellan xestas.
Nunha primeira hora de "tú a tú" o máis destacado polo visitantes foi un disparo dende o seu ataque esquerdo que buscaba o segundo pao, tras boa xogada persoal, e que por pouco non colleu a rosca necesaria para virarse cara porta. A mellor do Beiravista foi un gran pase ás costas da defensa do Olas que Diego aproveitou para elevar o balón por riba do porteiro, pero a vaselina saiu demasiado cruzada non lonxe do pao.
Miki tivo pouco que intervir pero mostrouse seguro. Atrás Félix e Ta estaban a cumplir ben o seu traballo, dandolle saida á pelota cara o ataque. Félix un pouco mellor na defensa e Ta no ataque, como é loxico. Roi soubo ocupar, todo o primeiro tempo, un oco entre o noso medio e a súa dianteira o que lle permitiu anticiparse á xogada e non menos de tres ocasións e recuperar a pelota. Mentres Manolo caia perfectamente ás bandas para axudar aos laterais con contundencia. No medio centro, Roi R. e Rubén Castro facíano mellor en ataque que en defensa. Andiveron algo descolocados, algo que lles sucede ás veces e fai que o equipo se resinta, pero en troques colocaron diversos balóns as costas da defensa e cara os interiores. Tamén Rubén Cambre e Álvaro destacaron máis na labor ofensiva e menos na recuperación, Rubén logrando crear xogadas de perigo en combinación dende a dereita e facendo dos seus regates e Álvaro caendo máis ao medio, sendo obxecto dalgunha falta e probando un par de remates sen éxito. Gaitas moveuse entre liñas e buscou pases ás costas e Diego dispuxo dalgunha ocasión e cedeu un par de bos pases.
Con todo isto o Beira rompeu a igualdade no xogo da primeira media hora e nos últimos 15 minutos fíxose co control do partido, dispoñendo de diversas ocasións para facer o 1-0. O pitido do árbitro deixou aos locais coas ganas, a sabendas de que estaban moi cerca do gol e se ían con empate ao descanso.
Na segunda, segundo testemuño da afeción, o Beira non dominou tan claramente, pero dende as duchas tampouco se veía que chegara o Olas á portería local. No minuto 10, segundo contan un par de presentes, tras un longo barullo moi pelexado no lateral da área, Gaitas acaba quedando co esférico para adornar a estrena das súas botas homenaxe ao fútbol dos 50 cunha estupenda vaselina ao pao longo. Delirio en Limiñón.
A partir de aí o Beira tivo controlado o partido, máis a diferencia era curta. Raúl e Dani G. se encargaban do flanco dereito do equipo e conseguiron crear máis perigo que o rival por ese lateral. Rubén Castro e Roi R. recuperaron o sitio no medio e notouse, e de que maneira. O equipo estaba moi ben ordeado e volveu xogar a pelota sen presas. O segundo de Diego á contra, cun disparo que se quixo ir fóra máis despois pensouno mellor e decidiu que o xusto era entrar, colaborou en todo isto.

De aí ao final o Beiravista tivo controlado o xogo, pero casi se lle escapa o partido. Nos últimos minutos o Olas, que case baixara os brazos só creou perigo a balón parado. Pero que perigo! A dez do final, unha falta botada pouco máis adiante do mediocampo acabou no corazón da área, adiantándose coa testa unha hábil "Ola" para poñerlle toda a incerteza ao partido. Tocaba sufrir. Pero os minutos foron pasando case sen sobresaltos. Ata que no último minuto case se para algún corazón. Falta no vertice dereito da área do Beiravista. O Olas saca unha xenial falta que semella un centro, mais o balón non vai cara a ninguén. Vai cara porta. Cando xa todo o mundo ve o balón dentro, aparece Sergi, deixado a propósito para o final nesta humilde crónica, e coa súa zurda despexa o balón ao aire e salva a victoria merecida do Beiravista na penúltima xogada do partido e polo tanto dous puntos. Para que logo digamos que os defensas non son decisivos para ben!
O árbitro pita e o equipo enteiro pecha os puños en alto no berro da victoria. Cánticos no vestiario. Tres puntos importantísimos, non menos no moral que no clasificatorio. Grande partido do Beiravista que eleva a súa racha a 16 puntos dos últimos 18 posibles, 6 partidos sen perder e se coloca momentáneamente 5º. Ver para crer. Moito Beira.

O sábado contra o terceiro

Máis madera. Aos que botávades de menos os partidos cos de arriba, aquí tedes doble ración. O sábado ás 16:00 en Orro (lugar e hora a confirmar por quen vaia a reunión), visitamos o campo do Bugarent, actualmente terceiro na clasificación, empatado co segundo. Ven de gañar 3-4 e nos leva un punto na clasificación. Goles a favor-en contra 30-25; nós 27-16.

Que dure a racha!

Forza Beira Oé!!!!!




8 comentarios:

Rubén Cambre dijo...

Só lembro 1 amarela a Diego..
Que arte tes álvaro..
aínda que es moi clemente con algún de nos..

Vamos Beira!!!!

manu dijo...

hai quen di por ai, que me botaron a min outra, pero non me enterei. pero igual si porque a entrada (a pesar de ir e darlle 1º ao balón) foi un peliño dura
boa crónica

a por eles!!!

álvaro dijo...

ostia, pois diego leva 5. pode xogar?

son moi clemente porque me gusta clemente; e por iso non son caparrós.

oscar dijo...

Así da gusto chavales, uno se entera en Roma de la victoria gracias a La Gazetta dello sport..

Anónimo dijo...

creo q a diego non lle botaron

álvaro dijo...

ya se lió. jeje. que salga el anónimo ese y de la cara. será uno del bugarent para montarla??

álvaro dijo...

mañana viernes concentracion!!! nada de salir hasta las ocho de la mañana eh!!! que no os pillen mis perros por ahi!!! estamos solo 11 para el partido no?
claro, ganamos y la gente se desanima. normal...

Rubén Cambre dijo...

Vai chover...!!
me cajo no mundo...!!