PISCINAZO
Sábado 12 de Decembro, 16:00 h. Campo de Cos.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
15. Félix
5. Manolo
3. Fredo
22. Raúl [min. 60]
23. Dani
19. Nando [min. 45]
12. Roi R.
6. R.Castro
24. Moki
17. Álvaro [min. 45]
21. R.Cambre
25. Abel [min. 45]
20. Gaitas
17. Sergei [min. 45]
9. Diego
11. Mikel [min. 65]
GOLES
1-0 Diego [min. 10]
1-1 San Martiño [min. 40]
1-2 San Martiño [min. 60]
1-3 San Martiño [min. 75]
1-4 San Martiño [min. 85]
TARXETAS
Roi R. - Vermella directa [min.30]
CRÓNICA DO PARTIDO
Éxodo de Limiñón. Guiados por Moisés chegamos ao campo prometido de Cos, un campo fértil e amplo, ideal pra desenvolver o xogo de toque característico do noso pobo. O Presi trouxo no seu carromato ao árbitro da contienda, pero era mellor deixalo tirado nunha cuneta pra que non escarallase o partido. O pasaxeiro non era un colexiado cos papeis en regla, era o Demo. Ao final chegaron os filisteos do san Martiño e nos botaron do noso novo fogar cun marcador abultado pero enganoso. Na guerra non hai reglas.
O partido comezou cun dominio total por parte do Beira, tocando e circulando o balón sen que o San Martiño o cheirase. Así chegou o gol de Gaitán ao máis puro estilo Alfredo Santaelena fronte a Andoni Zubizareta na final de copa, centro ao área dende banda dereita que o home da terra rematou de maneira pouco ortoxoxa e supera a 2 metros de porteiro. As cousas semellaban ir ben e foi cando noutra boa xogada no medio, pase en profundidade cara a Diegol, autopase fronte a saída do meta rival e placaxe ao 9 que sinala o Demo como expulsión e vermella directa. O San Martiño quedaba con un menos, e como sabemos, non sabemos xogar contra dez. No primeiro ataque do rival chega a o momento clave do encontro, piscinazo clarísimo en plan Figo que o Demo sinala como penalty. Sube ao marcador e as protesas do Beira estoupan, desconcentrando a o equipo e quentando o partido ata que se expulsa a Roi por unha dura entrada. Dez contra Dez e chega o descanso, movementos no banquillo.
A Segunda comeza coma o principio, intentando crear dende atrás pero cun rival xa mais asentado no campo que chega por segunda vez as inmediacións da meta local e e atopa o seu segundo penalti a favor, dubidoso por suposto. O feito ata agora viuse aniquilado en duas accións polémicas que cambiaron a cor do partido. O beira quema tódalas naves no intento de empata-lo partido pero o San Martiño con duas contras ben levadas sentencia o encontro. Unha mágoa xa que era unha boa ocasión para estar cos de arriba. De tódolos xeitos a semana que ven temos outro partido importante co Grand Prix.
Vamos Beira Beira
domingo, 13 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
grande crónica. respecto o demo, sí jodeunos o partido, pero é dos arbitros máis normais da liga e sabe pitar. o que pasa é que a jodeu en todos os momentos importantes e todos na nosa contra.
o cronista ten unha grande capacidade de síntese. que envexa...
equipo, haberá que gañar todos os que quedan da primeira volta para estar arriba non? pois gañemos todos!!! que depende de nós!!!
empecemos coas motos.
beiravista alé!
aupa rapaces! que dos 8 primeiros so gañaron o 4º e o 5º. se voltamos ás victorias voltamos arriba. non pasou nada. a limpiar as consciencias e a convertirse en vendaval en limiñon. a sorte deunos opcións de non quedar definitivamente descolgados. aproveitemola carallo!!!
Publicar un comentario