lunes, 8 de febrero de 2010

XXI Xornada. ALADROQUE 3 - BEIRAVISTA 3 versión 1.0

HEROES DE PLASTILINA
Sábado 6 de Febreiro, 18:00 h. Campo de Uxes.
__________________________________

ALINEACIÓN

1. Miki
11. Diego Mato
5. Manolo
4. Popi
22. Raúl [min. 20]
23.Dani
6. Rubén Castro
12. Roi R.
21. R.Cambre
20. Gaitas
25. Abel
17. Sergei [min. 46]
17. Álvaro

GOLES

1-0
Aladroque [min. 10]
2-0 Aladroque [min. 15]
3-0 Aladroque [min. 20]
3-1 Roi R. [min. 65]
3-2 Roi R. [min. 75]
3-3 Roi R. [min. 85]

TARXETAS

R.Castro [min. 55] Amarela
Sergei [min. 60] Amarela
Diego Mato [min. 50 / 75] Dobre Amarela

CRÓNICA

Que triste. O Beiravista xogou media hora contra nove e só foi quen de sacar un empate fronte ao Aladroque. Á media hora a defensa e o porteiro do Beira xa fixeran o ridículo en tres ocasións ante un rival a 17 puntos na clasificación. Só a movilidade de Álvaro na punta permitiu crear perigo. Primeiro deixou só ante o porteiro a Roi que non soubo resolver. Despois Rubén errou un pase da morte do crack de Bilbo, que foi o mellor dos primeiros 45 minutos. Cos seus desmarques o 17 toleu á defensa rival e nunha desas xogadas chutou e cando o tiro íbase transformar no 3-1 o porteiro rival despexou coa man fóra da área e foi expulsado; esta acción de Álvaro permitiu á postre a remontada do Beira.

No segundo tempo foi tan patético o xogo do equipo que non merece apenas salientar que a duras penas os de Beiramar lograron empatar o partido. E menos mal que se lle anulou o cuarto gol ao rival que xogaba con nove, nun novo desastroso entendemento na defensa-portería laranxa que se debería levar a xuízo ou ao psiquiatra porque menudo coladero. Por outra banda o medio do campo non foi quen de controlar o seu espazo ata que os rivais non podían moverse de cansanzo. Na dianteira houbo un pouco de mala sorte e algún erro arbitral coma un clarísimo penalty sobre o archiperigoso Álvaro.
Ao final un punto que sabe a pouco. Haberá quen esté desanimado. Dende logo, eu teño moito ánimo. Gracias.

9 comentarios:

menofeno dijo...

hay k gañar este partido si o si

RC21 dijo...

Con esta crónica e as barbas vante por nunha cruz coa seguinte lenda:
INRI: Impresionante Negado Rematador Iscritor
jojojojo

Gústame o teu sarcasmo

mj5 dijo...

que boa alvaro!!!

jajaja

alvaro dijo...

sarcasmo? quen dixo tal??

misterproper dijo...

Pero qué demonios pasó el sábado?
Álvarito en plan Abreu? La cosa fué tan grave?
Manolo no ejerció de cortacéspedes?
Effenberg no tiró a puerta?
Miki no se cabreó?
A Sergei no lo expulsaron?
Raúl corrió?
El Gaitas titular? A este chaval hay que dejarlo en el banquillo para que solucine el tema, no dais aprendido.
Menos mal que Roi se llevó otro hat-trick pa casa
se va el mister y se van 2 puntos...
ay ay ay

besos a todos

alvaro dijo...

la verdad es que manolo si que hizo muy bien su trabajo

seeguei dijo...

rapaces... Xa temis ostrocinio, cañas a un euro e cuncuenta oesis mensyaus, brindade polo bautizi do soneira BV

alvaro dijo...

que pena da lo de suplantar las personalidades. jo, manolo, no tienes sentido del ridiculo... culo culo

suplantador dijo...

non suplanto.
pensei que era mellor que foses ti o que rectificases, porque como di o dito "rectificar es de sabios" e non che tiña por parvo.