A TARDE DOS GOLES PANTASMA
Sábado 20 de Febreiro, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
21. R. Cambre
4. Popi
14. D. Mato
25. Abel
6. R. Castro
20. Gaitas
24. Moki
22. Raúl
12. Roi R.
13. Oscar
GOLES
1-0 R. Castro [min. 10]
1-1 Inox [min. 55]
2-1 Roi R. [min. 65]
2-2 Inox. (p) [min. 70]
3-2 Raúl [min. 75]
4-2 Roi R. [min. 85]
TARXETAS
Roi R. [min. 65] Amarela
CRÓNICA
Se un árbitro non se pode mover e non ve nada pola idade que ten, pois non debería arbitrar. Deu por válido un gol ao Inox que non traspasara completamente a liña de gol (nin estaba sobre ela) dende 30 metros e non deu por válido un de Moki que furou a rede da portería e saiu da mesma cara un lado.
O partido non foi complicado agás polas numerosas baixas, incluso o mister tivo que xogar 90 minutos de dianteiro centro (teño unhas maniotas que nindiola). O Inox adicouse a botar balóns en longo cara os seus dianteiros que a defensa esbaratou en numerosas ocasións. Non houbo un gran xogo por parte do Beira, pero a efectividade foi boa de cara ao gol.
O primeiro tanto, ataque de R. Castro que fai un pase da morte para Oscar que entra directamente pegada ao pao dereito da portería do Inox. Despois viría o Gol pantasma dos inoxianos que o arbi sube ao marcador. Na 2ª parte máis ataque e segundo gol, apertura cara á dereita de Gaitas que Oscar conduce e centra a Roi, que tras un bo lanzamento dende fóra da área, mete pola escuadra. Parecía que a cousa estaba feita, pero minutos despois, o xogador máis perigoso do Inox métese na área nun dos seus poucos ataques i é derribado por un defensa. Penalti claro que transforma e pon o marcador 2-2. Minutos máis tarde bóa xogada en banda dereita de Moki que bate ao porteiro rival cun disparo seco pegado ao pao, que gracias a que o estado do campo é lamentable e a rede desa portería está podre sae de dentro e o arbitro non da por bo o gol. ROUBO. Tras esta xogada Raúl fai o terceiro nun rexeite previa boa xogada individual de Roi. O equipo foise arriba e o mister tivo nas súas botas o cuarto cando se vai cara o porteiro escorado á dereita i en vez de chutar fai un recortiñoao defensa o balón lle queda para pegarlle cóa esquerda e claro, xa non lle pega ben cóa dereita coma para que lle dea de esquerda. Xa finalizando Gaitas fai un bo tiro dende fóra do área que bate no longueiro e Roi atento transforma no definitivo 4-2 ao favor do Beira.
Tres puntos que quedan na casa que nos meten un pouco máis na loita por seguir cos mellores, e como xa sabedes, temos que quedar entre os 7 primeiros para non baixar, xa que o ano que ven haberá 3 divisións de 13 equipos.
O próximo sábado xogamos contra o farolillo vermello, pero non hai que relaxarse.
Bóa semana a todos.
Xa podedes ver a crónica da xente do Inox Pub na súa web. Na sección de Análise dos partidos
domingo, 21 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
15 comentarios:
forza beira!!!!
ese mister dianteiro!!!
a polo sétimo posto!!!
aí carallo!!
bravo rapazes!!!!
pd: o de ver a óscar de dianteiro dando asistencias de gol é un sono que non se puido cumplir para min esta vez. que se repita mister!!
beira!
que cambiedes o titular por outro que mole máis.
Quién rajaba de Toquero?
http://www.marca.com/marcador/futbol/2009_10/primera/jornada_23/ath_ten/
Me mandó este vídeo porque se acordó de que habíais dicho que no valía ni para segunda o algo así.
Para hablar de algo, hay que saber de que se está hablando. Así que os dejo este legado informativo, con la misma humildad con la que vosotros lo poniais a parir el otro día.
Espero respuestas de los aludidos.
Agur!
pd: para que veais que no soy nada rencoroso!!
http://www.marca.com/marcador
/futbol/2009_10/primera/jornada_23/ath_ten/
si no se ve el enlace entero, está en la crónica del athletic -tenerife en marca.es
ala, ata o sábado!
paso de ler a prensa mesetaria
pues toma otro! (no de la meseta)
http://www.youtube.com/watch?v=4LgJuJfl814&feature=related
y falta todo lo del tenerife,
otro gol al barça, más asistencias de gol, caños, un par de sombreros de tacón...
y si ahora no te bajas el sombrero, mejor bájate los pantalones (como ya haces usando pseudónimo).
Gaizka "REVOLUTION" Toquero
Si no lo veo, no lo creo. pues a verlo!
joder. me cago en dios.
tiñas razon. que cego estiven ate o de agora.
toquero seleccion euskalduna xa!!
e non me baixo nada que eu non vexo que ti poñas nome pero ambos sabemos quenes somos asi que sobran as presentacións.
ala, xa podes ficar tranquilo
アルバロはすでによく
as palabras xaponesas molan.
quen son eu non creo que sexa moi dificil de saber jeje, pero sinceramente, non sei quen eres ti.
aaarrrrrrrrrruuuuuuuuuuuuuuunnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn
volvendo ao beira...
estamos a 3 puntos do ascenso.
e agora temos 3 partidos dos 4 próximos con equipos da zona baixa. podíamos dar un bó salto na clasificación antes de xogar contra todos os de arriba.
gran titular
Que gusto da con el Inox. Ellos juegan un partido y hacen la crónica de otro opuesto. Van y dicen que jugaron como nunca, ¿cómo serán los otros partidos?
Si es que el fútbol cada uno lo ve como le da la gana.
non dou atopado a sección esa na web do inox para ver a crónica. alguén pode guiar os meus pasos?
web inox:
http://www.everyoneweb.es/pubinox/
A la izquierda, "Análisis partidos"
Picas y ya ves la crónica, o el sueño de una noche de verano más bien.
Publicar un comentario