MISIÓN CUMPRIDA
Sábado 17 de abril, 16:00 h. Campo de Uxes.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
19. Nando
14. Diego Mato
4. Popi
18. Sergei [min. 46]
15. Félix
3. Fredo [min. 46]
6. R. Castro
7. Roi A.
21. R. Cambre
17. Álvaro [min. 46]
24. Moki
25. Ta [min. 10]
9. Diego
11. Pablo
GOLES
0-1 Pablo [min. 15]
0-2 Pablo [min. 35]
0-3 Diego [min. 60]
0-4 Diego [min. 65]
1-4 Nel [min. 80]
TARXETAS
-
CRÓNICA
Resolto. O Beira cumple notablemente ante o colista e se anota merecidamente 3 puntos para seguir na loita polo ascenso. Un doblete do novo dianteiro, Pablo, abriron a lata e outro doblete do vello, Diego, fechouna. Notouse a volta de medio equipo que andaba desaparecido. E as baixas de Manolo e Roi non se fixeron notar. Os 16 do Beira mantiveron o nível e foron superiores. IRC, San Martiño, Rodis e Plasamar esperan agora en fila para probar ao novo Beira, que principalmente, é o vello Beira.
Só durante 10 minutos do primeiro tempo deu a sensación o Nel de que podía sacar algo deste partido. Dende o comezo o Beira impuxo o seu xogo e os goles chegaron paralelamente. Son 3 en 2 partidos para Pablo, a nova fichaxe, que demostrou que máis alá de dianteiro, é xogador de fútbol. Grande aportación. O equipo en liñas xerais combinou ben e a defensa mostrouse segura excepto uns minutos nos que o Nel a puxo en apretos. Pouco traballo tivo Miki, que se dedicaba máis a falar co público que a ollar ao contrario á cara. O primeiro gol foi invisible para min, o segundo, un pase bo dende a dereita do potro de M.A., o central Diego, que Pablo aproveita en segunda instancia. Chaparrón e descanso.
Por que pouco non nos libramos da chuvia os que entrabamos na segunda!! Pero non puido ser... Chaparrón e segundo tempo. Aos 15 da segunda xa estaba o encontro sentenciado. Un xogadón de Dani Gallego pola dereita, levándose a tres rivais e poñendo a Diego diante do porteiro supuxo o 3-0. Tremendo o que está crecendo este rapaz como futbolista esta tempada!! O cuarto foi un "eu mo guiso, ainda que non sei cociñar ben, a ver o que se pode facer, mais de todos modos eu mo como" de Diego. Tras o cuarto chegou a relaxación, o non correr polo compañeiro, etc. E claro, o gol do honor do Nel. Se ben é certo que esta actitude trouxo desgustos ao Beira no pasado, e é un dos problemas dos que ás veces adolece o equipo, tamén é certo que esta vez se podía permitir e o partido, ao fin ao cabo, controlouse ben.
3 Puntos para o saco, que permiten ao Beira auparse á oitava posición (a un posto do ascenso!), superando ao Plasamar, recortando puntos ao Bugarent, aumentándo a diferencia con Inter e Transportes A Pena, e manténdoa con Fariña Freire, Olas, Xesteda e IRC, próximo rival, no que será o derbi de Limiñón. Un dato positivo. De 5 derbis do Beira, 4 victorias e un empate. A seguir. Unha victoria permitiría meter a máis equipos que ata o de agora ían destacados na loita por entrar entre os 7 primeiros, e deixar atrás a rivais potenciais polo ascenso. Entre outros o IRC que se colocaría a só 3 puntos do Beira, se se lle vence.
Tamén importante á victoria para empezar con bo pé o mes que espera ao equipo. Veremos o nivel que pode dar en plenas faculdades. De momento, dúas victorias consecutivas que devolven ao Beira á loita. A pola terceira!
sábado, 17 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
vamos beira!!!
Non, non, non. Vamos Soneira Beira! (As tortillas estaban bastantes boas...)
é o que me faltaba!! logo os aficionados do liceo animan gritando "coinasa liceo"????
jeje
por certo, levamos o nome do patrocinador porque aporta diñeiro non??
seica a día de onte non aportara ainda.
falo con descoñecimento de causa. non sei se xa está pactada tal aportación, porque non seguín o proceso contractual. pero coma accionista do clube gustaríame enterarme.
entón?
apunte sobre contrato de patrocionio;
os cartos chegarán, 50 € ao mes; pero hai que recordar que un contrato consiste en que ti recibes algo a cambio de dar algo; fora a culpa de quen fora (porque imos confiar en que a xente se malentende), só este sábado fomos ali grande parte do equipo a facer o 3º tempo. e o nome de soneira polo de agora só aparece nesta web, polo que de momento, non podemos dicir que se está a cumprir o pactado. (xa digo, sexa a culpa do equipo ou do patrocinador). polo que tampouco imos ter a cara de pedir ainda os cartos, polo menos eu.
se queres facer ti de recadador, o posto ainda está vacante, iso si, algún dia terás que ir polo soneira, porque o responsable do bar, non creo que vaia pola túa casa.
atentamente,
un negociador sufrido
1) gracias pola contestación
2) non sei quen eres
3) respecto de certo contido do teu mensaxe me limito a dicir que non debías ter un bo día e non lle dou máis importancia; e imos á cuestión que non está o tempo de ninguén para perdelo con paridas.
se hai un patrocinador, como así parece polo cambio de nome que figura na nosa web (ainda que non na apf) e pola nova ubicación do terceiro tempo, vexo o seguinte: o soneira aporta os 50 euros do mes e nós rematamos o trámite da inscripción do equipo.
é así ou non?
como non está o tempo para paridas, xa o falaremos cara a cara, que non quero repetirme aqui.
o do mal día, non sei porque o dis. creo que a mensaxe é totalmente correcta. se algo resultou ofensivo, non era a miña intención.
pareceme perfecto falalo cara a cara. seguro que así nos entendemos mellor. só hai un problema para iso. sigo sen saber quen eres.
tranquilo, levarei unha rosa para que me recoñezas
ok. seguro que che queda ben.
mellor un caravel para homenaxear a portugal.
25 de avril, sempre!
Yo casi prefiero el 20 de abril...del 80, por eso de homenajear a Celtas Cortos.
o dos celtas cortos era no 90
Cierto tocahuevos.
revoluçao dos cravos!!!!!
Publicar un comentario