MARTELO DE ACEIRO
Sábado 17 de Maio, 16:00 h. Campo de Calasanz.
__________________________________
ALINEACIÓN
13. Popi
1. Miki [min. 46]
23. Dani
19. Nando [min. 46]
5. Manolo
14. Diego Mato
21. R. Cambre
18. Sergei [min. 46]
12. Roi R.
6. R. Castro
22. Raúl [min. 46]
24. Moki
17. Álvaro
25. Ta [min. 46]
7. Roi A.
11. Pablo
8. Churi [min. 75]
GOLES
0-1 Roi R. (pen.) [min. 25]
0-2 Pablo [min. 65]
TARXETAS
Roi R. [min. 60]
CRÓNICA
Partido de gravilla, duro. É como se pintaran un campo de fútbol no medio dunha autopista. Facía calor. O campo era pequeno. O balón botaba como una pelota saltarina. O rival xogaba forte. E a Miki lle ardera o carro. Pero con todo iso, o Beira deixou a portería a 0 (bravo tamén por Popi e a defensa), controlou o partido (bravo mediocampo) e fixo o necesario para meter dous goles (bravo dianteira) para unha victoria pelexada pero ben levada. O 0-1, xogada colectiva que remata Moki cun bo regate dentro da área e é derrubado. Penalty que transforma Roi "a lo Mendieta". O 0-2, xogada de Pablo que non perdoa. Marcou en todos os seus partidos co Beira. A victoria pon aos laranxas empatados co IRC (gañamos o particular, pero teñen 35 minutos por disputar do partido contra A Barquiña, que se suspendeu. O resultado era IRC 0 - A Barquiña 1). A 4 do Fariña Freire e a 5 do Bugarent que non para de pinchar. A cousa estase dando ben, pero hai que seguir dando caña. O ascenso a primeira pasa por gañar polo menos os tres partidos que quedan nos que somos favoritos. O primeiro o deste sábado contra o Bodegas O Roxo, rival sempre difícil. Que siga a contundencia. Cada victoria, un paso cara a historia (e a pedazo festa que nos imos meter se ascendemos. Pedazo).
martes, 18 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario