COMEZA O SHOW REINO BEIRAVISTA
Sábado 25 de Setembro, 16:00 h. Limiñón.__________________________________
Nova campaña para o equipo branquilaranxa na que será a súa terceira actuación na Agrupación de Peñas de A Coruña. Este período estival estivo cheo de partidos amistosos pra non perdelo ritmo. (Suevos 2-5 Beiravista / F.freire 5-5 Beiravista / Suevos 1-2 Beiravista / La Penhita 4-6 Beiravista).
Chegan novas incorporacións coma Oscar Carro, Jacobo e Adrián, coa lamentable noticia da lesión do novo lateral esquerdo fai ben pouco. Dende aquí lle mandamos apertas para unha pronta recuperación. E sorte para todos.
O Mesón o Reino pasa a ser o noso novo patrocinador e lle damos as gracias a Mari pola súa aportación e apoio ao equipo. O noso lugar estratéxico para as ceas..
Tamén mandarlle un saúdo ao noso 15. Que marcha pra subir o Alpe d´huez. Que sepas que non podemos retirar a camisola co nº15 porque non temos diñeiro pra mercar outra..
Xa este Sábado 25 ás 16:00h en Limiñón xogamos contra O´Cubilete (cantas garimbas terei bebido alí..) Así que non faltedes Pichones.
Sorte nesta tempada.
2 comentarios:
xa era hora de que volvese a estar activa esta web!!!!!!
Non vou subir o Alpe d'Huez, mais si á Torre dos Andrade este sábado pola tarde. Así que non poderei acompañarvos no debut vestido en mallas, como era a miña intención.
Vamos Beiravista!
Publicar un comentario