sábado, 30 de octubre de 2010

5º Asalto

OFENSIVA!
Sábado 30 de Outubro, 16:00 h. Campo de Limiñón.

__________________________________

A por todas! O Beira non entende de baixas e finalmente haberá partido en Limiñón. O líder plántase ante un equipo local pragado de baixas atrás. O equipo menos goleado, e menos goleador, recibe ao líder, sen a maioría da súa defensa. Pero non hai medo nos fillos de Beiramar. O equipo buscará recuperar o ofensivo, tamén para defender. Recuperar a ofensa ante os grandes. E o equipo vai polo ofensivo. Algo tan ofensivo como que o Beira -hai ano e medio loitando por eludir a penúltima praza por diante do Nel- está loitando por meterse nos postos de ascenso á primeira. Ainda con mala sorte e un atraco arbitral en catro partidos, os pupilos de Óscar están só a tres puntos do ascenso, e teñen unha magnífica tarde hoxe para reivindicar o espírito de loita que semella ten florecido no equipo, moitas veces en condicións adversas. Aquí non hai baixas, hai toque. Hai brega. Limiñón pasou a noite soñando e agora está en silencio, a esperar ao equipo. Poñámolo arriba! E que chegue a Nepal...

1 comentario:

omc dijo...

Xa que marcache fai a crónica Alvarito
Vamos Beira!!