¡¡ESTO NON É PENALTI!!
Sábado 13 de Novembro, 16:32 h. Campo de Limiñón. Dentro da Área. Brazo esquerdo.
__________________________________ Este é o brazo de Álvaro, 48 horas despois da salvaxe patada dentro da área na que o árbitro sinalou libre indirecto por xogo perigoso (levantar o pé por riba da cintura) e sen cartón, nin sequera amarelo. Respecto do rival, ten o atenuante de involuntariedade, pero respecto do árbitro ten o agravante de evidencia. O colexiado mesmo chegou a poñer en dúbida a existencia de falta. Calquera pode cometer un erro. Pero cando un xogador sinala unha proba evidente dun erro arbitral, non se lle pode negar na súa cara; porque se está a dudar da súa honestidade. E se os árbitros comezan a dubidar da honestidade dos xogadores, entón tal vez os xogadores debamos comezar a dubidar da honestidade dos árbitros...
Para quen non viu ben a xogada, aí tedes o novo brazalete tatuado en carne viva do "capitán sen brazalete". Ah! Outro dos capitáns ten cinco puntos de sutura na cabeza...
Basta xa de arbitraxes nefastas e permisivas contra o Beiravista!!! Deixádenos xogar!!!
ALINEACIÓN
1. Jacobo
5. Manolo
21. R.Cambre
22. Raúl [min.55]
7. Roi
3. Fredo
6. R. Castro24. Dani Mato
23. Dani Blues
23. Dani Blues
17. Álvaro
11. Pablo
GOLES
-
TARXETAS
-
CRÓNICA
Alerta laranxa
Primeiro empate a ceros na historia do Beiravista, e non foi por ocasións de gol... 3 balóns ó pao, un deles nos últimos minutos do encontro e un posible gol pantasma a favor dos Limiñonenses. Dominio total nun deses partidos duros contra o Xesteda. Tarde de temporal con áreas pequenas de todo. O Beira leva un punto nunha tarde de fútbol escocés cando ben merecía os tres, e Manolo leva cinco pra casa na cella dereita e Álvaro un brazalete a estrear tra-lo fragor da batalla. O equipo xoga ben, pero non hai sorte cara o gol.
Este sábado derbi en Limiñón. Difícil partido cun IRC forte e sólido na clasificación, pero os derbis son intensos, bonitos e interesantes, dos que gosta xogar. Ata agora as estadísticas son favorables para nós, o IRC nunca saiu victorioso contra o Beira.. Alerta Laranxa!!!
9 comentarios:
seguimos sen gañar e non hai que culpar ao árbitro, a pesar dese penal.
se as áreas estivesen pintadas á altura, unha falta da 1ª parte sería penal tamén e xa serían 2. pero é o que hai.
cando cambie a racha goleadora, colleremos a senda gañadora.
animo beira!!!
cogondios... ainda che vou quitar o brazalete...
1º) eu non lle botei a culpa ao árbitro de que non gañemos (na noticia)
2º) pero xa que o dis, se non che pitan un penalty con expulsión (último defensa) e non che dan un gol que é...
jodenche o partido!!! que queres que che diga!!
respecto da racha goleadora, síntocho, pero penso que ten relación directa, claro que tamén coa mala sorte. as dúas cousas xuntas son díficiles de superar. pero penso que levamos dous partidos xogando bastante/moi ben e se seguimos así non vai a haber problema de goles.
polo tanto, señores defensas: non se preocupen e sigan facendo o seu traballo; que os darriba xa faremos o noso.
non me malinterpretes;
cando digo o da racha goleadora estoume referindo á sorte, porque o das rachas sempre foi asi.
e claro que nos perxudicou algunha decisión pero o que quería dicir co meu comentario era que se seguimos asi, a pesar dos árbitros (porque todos son malos e as suas decisións son discutibeis) cando cambie a sorte de cara a gol, os resultados comezarán a ser outros.
mira que es enfadón, coño!!!!
la culpa es del mister
no si ahora la culpa la va a tener el que pintó las lineas....hay que joderse !!
quem se enfadou?
eu non paro de dicir verdades e defender ao equipo, liña por liña, e a min só me choven críticas.
manda carallo!
jajaja
a ti sentouche mal o da cabeza neno?
último comentario meu nesta web.
o que pintou as liñas fixoo moi ben.
e o cronista tamén escribe moi ben e moitas verdades.
insisto en dicir que cando comecemos a ter un peliño de sorte cara a gol, subiremos como a espuma. esa era a fin do meu comentario inicial, pero aqui todo cristo se sinte ofendido. sintoo.
por certo álvaro; se queres levar o brazalete de verdade este finde, chámame.
saúdos CORDIAIS
manu por favor sigue escribiendo, aqui nadie se ofendió de nada de verdad.
un saludo. forza beiravista !!
esto se parece cada vez mas al As..
si no escriben aquí álvaro y capi cierro el blog..pero si os quereis con locura joder!
15 manifiéstate
o nos tienes olvidados?
forza Beira!
Publicar un comentario