lunes, 14 de marzo de 2011

Xornada XXI. Beiravista 4-2 IRC Deportivo

TREME O LÍDER
Sábado 12 Marzo. 16:00h. Limiñón
_______________________________

ALINEACIÓN

1. Jacobson
16. Adrianescu

15. Carrini (min.50)
5. Manolinho
4. Popí
14. Matossen
6. Kälstrom
12. Van der Roy

7. Roi alejandro (min.55)
20. Gaitas
26. Ma-Ri (min.46)

25. Ah Bel-ta
21. Cambreanu

22. Raüller (min.60)
11. Pavlichenko

GOLES
1-0 Cambreanu (min.10)
2-0 Pavlychenko (min.20)
3-0 Pavlychenko (min.55)

3-1 IRC (min.65)
3-2 IRC (min.75)
4-2 Manolinho (min.85)
Penalty

TARXETAS

11. Pavlychenko (amarela)
14. Matossen (amarela)
12. Van der Roy (amarela)
7. Roi Alejandro (amarela)

CRÓNICA
Que ven o Beiravista! En Plasamar xa se encomendan aos deuses. Van líderes con só dous puntos de vantaxe sobre O Tercio, pero acaban de mirar para atrás e ven un tren que se achega a moita ostia. 6 partidos sen perder (xogando co que era o 1º, o 3º ,o 4º o 5º no momento). Tres victorias consecutivas. Mellor racha histórica do clube. Todo comenzou no campo do Arkivolta, o día que o Dépor perdía en Xetafe e gañaba o Athletic ao Sporting. Pablo abriu dúas rachas, a súa e a do equipo, poñendo o 0-1. Despois chegou un tanto que quedará na memoria. Álvaro lévase a tres nun ladrillo e a mete pola escuadra dende 25 metros (Pajote). O equipo gañou 3-5. O míster puxera a pizarra do revés e lle aplicara unha boa dose de arte contemporánea: 4-2-4. E como pasa tamén na arte, ás veces funciona. Pero Óscar clavouna. Á semana seguinte xa se lle fodeu a estratexia, porque so foron 10 ao campo, así que como moito se podía xogar un 4-2-3. O equipo sacou con épica un punto. Logo chegou a visita e a pedazo remontada para sacar ao líder da primeira posición. Con 4-2 e penalti en contra, o equipo ergueuse como o balón nun penalti ao Panenka e acabou remontando, entre outras, cunha nova falta directa de Popi (cantas van?) e moitos collóns. Cansos de tanto empate, o equipo saiu a polo Década. E o zampou dun bocado ao máis puro estilo San Mamés. Vinte minutos e a merendar. Pero quedamos durmidos coa cazola aínda no fogo e case nos queimamos. Cando lle deran a volta ao partido espertamos cunha sensación horrible. Sestas que sentan mal e non reparan. Pero o café levaba gotiñas. E algo de calidade. A que tivo o Gaitas para poñerlle o balón no ceu a Llorente (perdón, Pablo) que furou a rede para imitar o golazo de volea do eixo do equipo. Sí, ese que nunca mira á esquerda. Rubén, quérote. Logo algún imbécil fodeu a ficha do partido, polo que o equipo decidiu gañar en Xesteda para ter unha nova. E así foi. 3-5. E no medio desto chega o derbi de Limiñón. E o Beiravista, para non varíar, gaña. Xa contaredes cómo. Conclusión: o Beira mete medo.

Pita o árbitro e todos tolos a mirar a clasificación con wifi-Limiñón (sí amigos, teñan medo. Hai wifi en Limiñón). O Década está a 9 cun partido máis. E só nos quedan catro. Demasiado tarde. Ou non? Vai o tolo mirar o calendario do Década. Rivais: O Tercio, Xesteda (alí naquel campo tan seu) e IRC. Se perden dous dependemos de nós. Vai o tolo e mete os datos na calculadora probabilística mental. Resultado: gañando no campo do Plasamar temos máis dun 50% de opcións de subir; se gañamos os outros tres tamén, claro.

Entón lembren quen é o próximo rival. Lembren o que nos xogamos. Lembren que ao Beiravista xa non lle gana ninguén, nin dos d´abaixo nin dos d´arriba. E lembren que o ano pasado lles gañamos alí 0-1, simplemente porque nos facía falla. E lle botamos Jüevos!

Somos invencibles. Gañemos na casa do líder.

Con dous collóns!

Forza Beiravista!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

El año pasado ganamos en Montesalgueiro 2-3 con golazo del madriles sobre la bocina.

Anónimo dijo...

Qué quere dicir: "Logo algún imbécil fodeu a ficha do partido"???

o cronista dijo...

quere dicir que EU jodín o tipo de letra da crónica do blog e por iso non hai noticia do partido. se les a noticia, pono alí ben claro.

enténdese agora ou hai que explicalo máis ANÓNIMO?


pd: blog do beiravista -> permanente estado de susceptibilidade.

blankov dijo...

este sábado alfileres nas espinilleras e auga contaminada para darlle aos rivais...