viernes, 15 de enero de 2010

Reflexión

5 VICTORIAS PARA VOLTAR Á LOITA
O Beira-Bot, nova máquina estadística do Beiravista, considera que con 5 victorias consecutivas os laranxas volverían a estar na pomada polo ascenso.
__________________________________

Venres, 15 de Xaneiro de 2010

5. Máis claro imposível. O Beiravista ven de tirar en poucas xornadas por terra moito do gran esforzo realizado nesta liga para remontar ata os postos de ascenso. Toca pois facer o contrario. Voltar ao toque, á confianza e berrar alto e claro nos partidos que se xoga ao son que manden as laranxas. Balón ao chan. E punto.

Capitulo 1. Bar Alicia.

Este sábado ten que anotarse a primeira victoria para a remontada ante un rival, ainda que teóricamente inferior (está a 8 puntos), contra o que non se pode un confiar. Entre outros datos para a desconfianza está que recibiron ata o de agora 5 goles menos que o Beiravista. Polo que non parece nada lóxico fóra dun partido con pequena diferencia no marcador. O que se confíe que tire de memoria e que se lembre de que precisamente con estes equipos pincha o Beira, e precisamente gañando estes partidos se gañan as ligas. Cada vez que este equipo ve un partido fácil, o enimigo transformase e se convirte nun xigante. Véxanse os partidos co Nel, o partido co San Martiño con 1-0, etcéteras varios... Así que ollo, concentración e moito moito Beira-toque.

1/5. IMOS!!!!

No hay comentarios: