viernes, 29 de enero de 2010

Capítulo 3

MÁXIMA CONCENTRACIÓN
Ven a Limiñón o equipo que fixo empezar con mal pé ao Beiravista esta tempada. Agora, sitúase a catro puntos por baixo dos laranxas. Unha victoria comezaría a achegar de novo aos rapaces de Beiramar aos equipos da zona alta.
__________________________________

Venres, 29 de Xaneiro de 2010

Capítulo 3
Non se pode desperdiciar un 2-0 a favor. O Beiravista creu aprender esta leción no primeiro partido desta tempada (perdeu 3-2). Máis adiante na liga demostrou que non aprendera nada. Agora ten a posibilidade de rectificar. Pode rectificar recuperando, dun lado, os tres puntos que se deixou co Transportes A Pena no partido de ida e, de outro lado, non desaproveitar un esforzo feito. Neste caso o repuntamento do equipo con dúas victorias consecutivas (unha delas conseguindo de novo a importantísima cuestión de manter o seu marcador a cero) e a posibilidade de comezar a achegarse de novo a cabeza cumplindo cos 3/5.
No partido aplazado de onte o Xesteda bateu ao IRC, nunha nova mostra de que os equipos de arriba fallan. E hai que saber aproveitar eses fallos.
Respecto do rival hai que comentar que é o equipo cuxos resultados son máis igualados en toda a tempada. O resultado da ida co Beira (3-2) repetiuse moitas veces nesta tempada para este conxunto, tanto a prol como na contra. Polo tanto, A Pena é un equipo que adoita loitar os partidos. Se engadimos que só 4 puntos separan a ambos equipos, se prevé polo tanto un partido cando menos intenso e interesante en Limiñón.
Hai que demostrar a furia e o toque. De certo a afección do Beiravista confía no seu equipo cando este colle confianza. E agora a ten.


No hay comentarios: