Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h. Campo de Limiñón.
__________________________________
ALINEACIÓN
1. Miki
3. Fredo
15. Félix [min. 45]
4. Popi
11. Diego Mato [min. 45]
5. Manolo
23. Dani
19. Nando [min. 55]
6. Rubén Castro
12. Roi R.
21. R.Cambre
17. Sergei [min. 45]
7. Roi A.
20. Gaitas [min. 25]
17. Álvaro
25. Moki
GOLES
1-0 Dani [min. 35]
2-0 Gaitas [min. 90]
TARXETAS
-
CRÓNICA
O que houbo que loitar o sábado para lograr a victoria! O Beiravista fixo un gran traballo defensivo, en especial no segundo tempo, co campo enlamado. O primeiro central foi o dianteiro e así o Inter tivo poucas opcións de remontar o autogol co que incou a rodilla en Limiñón. Golpe de sorte do Beira que só atacou á contra, modo co que sentenciou no 90.
Primo Tempo
O Inter saiu mellor plantado pero se topou cunha solidez defensiva que había tempo non se veía en Limiñón. E menos mal. Porque esta vez o mérito non foi do xogo do equipo senón da destrucción. O primeiro tempo, en calquera caso, foi máis ou menos igualado en ocasións, con tres para cada equipo aproximadamente. Mais a sorte, que non adoita acompañar a este equipo, soprou por unha vez a favor. A xogada do partido tivo, eso sí, nome propio. Dani Gallego colleu o balón no campo do Beira, regateou a dous rivais e puxo un centro (pra o que non había rematador). Un desgraciado defensa do Inter tentou despexar dende a borde da área pero só conseguiu facerlle unha bonita vaselina ao seu cancerbeiro para adiantar ao Beira. O que non quita mérito á gran xogada de Dani. Este feito mudou o partido para sempre e permitiu aos locais esperar ao rival ben fechado no seu campo, o que á postre lles permitiría levar a victoria.Cunha xira de trocos comeza o segundo tempo no que o equipo non se resentiu cos trocos, senón que fixo piña e coas pinturas de guerra (lama), púsoxe a bregar coma guerreiros en prol de defender o resultado tratando de aproveitar as contras malia a piscina na que se convertiu o terreo de xogo, máis apto para outro tipo dde eventos que para a práctica do futbol, por exemplo, adestrar cans...Ainda así, o perigo do rival reduciuse a ocasións illadas as cais non souberon aproveitar amosando unha falla de puntería que recordaba a do beira do ano pasado.
Así, e cos pichóns entregados nunha defensa numantina, chegou o pase o máis puro estilo valerón de manolo que gaitas soubo aproveitar para fechar un partido no desconto que se caracterizou polo seu feismo e falta de xogo, pero cun equipo que amosou que está pata facer xogo de toque pero que non lle tremen as pernas na labor de fontanería (e digo fintaneria porque cheiraba a tuberñia que mataba).
En definitiva, vamos pichóooooons!!! a pola terceira consecutiva
2 comentarios:
jeje. moi boa serguei!!
por certo, vaia paradón de miki coa esquerda!!
veña! a pola terceira de 5!!!!
Manolo ponte atrabajar anda..
Publicar un comentario